Cultura Galega
Ferrol fai 150 anos coma cidade
Tal día coma hoxe, o 13 de outubro de 1858, a daquela raiña de España, Isabel II, promulgaba o decreto polo que Ferrol adquiría a condición de cidade. Hoxe, 150 anos despois, a urbe celebra este aniversario con diferentes actos culturais que inclúen exposicións, un ciclo de cinema ou música. Deste xeito, poderán verse unha serie de filmes históricos gravados nesta lcalidade, ou a exposición Ferrol, a cidade vivida que retrata a cidade mediante setenta e dúas fotografías dos seus habitantes.
A Secretaría Xeral de Comunicación reforza as antenas alemás de Cospeito
As coñecidas coma Torres de Hitler, as antenas de radiolocalización que construíu en Cospeito o exército alemán en 1940, están a sufrir os primeiros traballos de rehabilitación. A Secretaría Xeral de Comunicación anunciou que reforzará estas dúas antenas para evitar que caian, como xa aconteceu coa que completaba o conxunto. A maiores, tamén se desenvolverán traballos de roza no contorno e está en negociacións co Ministerio de Defensa a posibilidade de desenvolver máis traballos de recuperación mediante unha escola-taller. Canda a estas antenas, existen no noso país un bo feixe de elementos patrimoniais vencellados á defensa e á II Guerra Mundial. Coñéceos no noso dosier.
Consternación na cultura galega pola morte de Ramiro Fonte
Sucédense as mostras de pesar polo falecemento, o pasado sábado de Ramiro Fonte, poeta, escritor, académico e director do Instituo Cervantes de Lisboa. O ministro de Cultura, César Antonio Molina, anunciou a súa presenza nas honras fúnebres, previstas para esta tarde ás 16:30 en Pontedeume. Molina destacou que o finado foi dos máis grandes autores da lingua galega. Coincidiu con el o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen lamentou nun comunicado o pasamento e incidiu en que as letras e a lingua galega están de loito porque Galicia perdeu unha das voces máis lúcidas da nosa literatura. Pola súa banda, a titular de Cultura, Ánxela Bugallo, calificou de perda irreparable a desaparición deste autor.
A revista de rock dos Países Cataláns distribuirá un CD de música galega actual
O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e o Roger Palà, xefe de redacción de Enderrock, revista de rock dos Países Cataláns, presentaron o pasado venres no Centro Galego de Barcelona o disco GZ Pop! encartado no número de outubro desta publicación catalá. Baixo o epígrafe "A nova fornada de pop en galego", o disco reúne a 18 artistas como exemplo da calidade das bandas galegas así como do amplo abano de estilos que interpretan. Os grupos escollidos para esta recompilación son: Loretta Martín, The Homens, Capitán Furilo, Lamatumbá, Víctor Aneiros, Nao, Som do Galpón, Dios Ke Te Crew, Mencer Vermello, Zënzar, Ruxe Ruxe, Galegoz, Safari Orquestra, O Sonoro Maxín, Ataque Escampe, Narf, Projecto Mourente e Fanny + Alexander. A publicación inclúe un suplemento escrito polo xornalista e músico David Vázquez dedicado á nova xeración de músicos galegos, no que se fai unha breve introdución sobre cada un dos grupos escollidos, así como unha evolución do pop-rock en galego dende os anos oitenta á actualidade, rematando na xeración plasmada no disco GZ Pop!
A hora da muller na arte
As mulleres están a facerse co mundo da creación artística. Logo de anos nos que a súa visibilidade pública era moi inferior á dos seus colegas homes, nos últimos tempos detéctase unha presenza crecente da creación feminina no país. Precisamente encol da evolución deste ámbito o Auditorio de Galicia presentaba a pasada semana Marxes e mapas. A creación de xénero en Galicia unha exposición que recolle obras de 26 autoras do país. Os seus comisarios, Xosé Manuel Lens e Chus Martínez Domínguez, analizan con nós o panorama da creación de mulleres no país.
Teatro para escoitar
A Feira Galega das Artes Escénicas arranca hoxe con catro montaxes (tres delas galegas) que afondan nas complexas relacións humanas. As situacións de parella, os conflictos de clases, e a estreita e nídia fronteira que hai entre o que queda do noso lado animal e os mundos artificiais que habitamos compoñen o menú do primeiro día. Coa voz dos directores das obras galegas comezamos o noso especial sobre a Feira Galega das Artes Escénicas. Audios, críticas, reportaxes e novas para que non te perdas a temporada teatral.
Matarile Teatro afonda sobre o lado máis salvaxe do ser humano en Animais Artificiais
A última aposta de Matarile Teatro fala da empatía e do equilibrio entre o que queda do noso animal e os mundos artificiais que habitamos. Por un lado, somos seres máis ou menos sensibles e a miúdo expresámolo espontaneamente. Mesmo chegamos a comportarnos como brutos.
Teatro do Noroeste presenta a comedia de dúas mulleres desamparadas en Extrarradios
Comedia urbana, aínda que marxinal, sobre o frutífero encontro de dúas mulleres singulares: unha mendiga chegada ao punto de maior degradación e unha puta de estrada barata e acabada, que disputan o seu espazo vital, a parada abandonada do bus 108. Nos límites imprecisos da cidade, e posiblemente tamén da realidade, móvense estes personaxes que, a pesar da súa lateralidade, manteñen o seu dereito a seren felices. Se cadra, todo podería acontecer doutro xeito, pero elas asumen cunha dignidade túzara a parte que lles tocou vivir. A casualidade fai que Raquel, a puta de estrada, e a mendiga se atopen. Transitan uns espazos onde o encontro era posible e, unha vez que este se dá, acontece como nesas asociacións interesadas de animais de distinta natureza que, complementándose, conviven.
Chegan os Náufragos de Teatro Galileo
Náufragos é un espectáculo con gran traxectoria internacional (Londres, Broadway, París, Bruxelas
).
Un espectáculo sobre as relacións de parella nunha illa paradisíaca logo dun naufraxio, pero tamén un espectáculo de amizade, sinceridade, amor e liberdade individual. Náufragos é unha comedia onde o autor nos amosa a realidade actual das relacións sentimentais.
Situación do ensino da lingua e da literatura galega na E.S.O.
Este informe é o resultado dunha investigación de campo realizada durante os anos 2005-2007 a partir dun convenio de colaboración entre o CCG e o Instituto de Ciencias da Educación da USC. O labor do Consello da Cultura Galega en relación co idioma galego estivo centrado preferentemente na súa situación social. Esta é a perspectiva acaída, tanto polo propio carácter da institución como organismo asesor e consultor dos poderes públicos galegos, canto porque as circunstancias históricas deste último cuarto de século obrigaban a prestarlle unha atención especial aos vertixinosos cambios sociolingüísticos que se estaban a producir. E este enfoque foi tamén o dominante no traballo que o Consello realizou orientado ao eido educativo, que se ocupou especialmente das dimensións de planificación, dinamización e normalización.
Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración
Esta publicación é o catálogo da exposición Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración, organizada polo Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
. A mostra está comisariada por Pilar Cagiao e Vicente Peña. Da introdución do catálogo: Na case totalidade dos destinos aos que a emigración galega se dirixiu ao longo de máis de dous séculos, tivo lugar a aparición dun asociacionismo étnico sumamente variado. Este asociacionismo, en definitiva, perseguiu o múltiple obxectivo de operar como sistema de amparo e protección dos emigrantes, de ofertar diversas fórmulas de sociabilidade, así como demanter os vínculos coa sociedade de orixe, reportando beneficios ás comunidades galegas, tanto da Galicia territorial como da exterior.
Inicialmente, ese asociacionismo tivo unha marca puramente informal que aflorou desde o instante mesmo da partida dos emigrantes. Foi así que os peiraos dos principais portos e as travesías efectuadas nos buques que durante tanto tempo cruzaron o Atlántico xogaron un importante papel como primeiros espazos de encontro no tránsito cara á emigración americana, igual que, máis adiante, os autobuses e os trens nas saídas cara a Europa ou cara aos distintos lugares da Península. De maneira semellante, unha vez producida a incorporación aos respectivos medios laborais en que os galegos se inseriron segundo os diferentes destinos, estes operaron como ámbitos favorecedores da unión entre paisanos que deron pé ao establecemento doutros vínculos que paulatinamente foron articulando novas fórmulas de sociabilidade.

A lingua galega: historia e actualidade (vol IV)
Cuarto volume das actas do Congreso Internacional A Lingua Galega: Historia e Actualidade, organizado polo Instituto da Lingua Galega do 16 ao 20 de setembro de 1996 para conmemorar o 25 aniversario da súa creación. As actas foron editadas por Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei, Antón Santamarina.
Pechamos con este volume a publicación. Como en todos os libros de actas os traballos aquí presentados son dunha certa heteroxeneidade porque os organizadores (fóra dalgúns casos particulares) non encargaron os traballos dándolles ós autores un título para que resultase un todo organizado e compensado. Pero aínda así, o nome do congreso, A lingua galega, historia e actualidade, delimitaba claramente os posibles contidos dos relatorios, conferencias e mesas redondas. Como non podía ser menos a lingua mesma como sistema é un dos aspectos centrais; unha boa monza de relatorios teñen que ver con particularidades da nosa fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe e léxico; non constitúen eles sós unha gramática organizada pero sen dúbida son achegas que as persoas interesadas por informacións gramaticais e léxicas terán que tomar en consideración.
Pasando por alto as desigualdades e ausencias que ese lector esixente poida atopar o certo é que logramos xuntar un corpus de traballos que rondan as 2.700 páxinas. Fóra dos dicionarios, é o texto de maior volume de toda a historiografía lingüística galega e probablemente non é casual que a súa cristalización cadre no medio da década máis fértil da nosa lingüística. Nas súas follas aínda se percibe o clima de entusiasmo dos filólogos que concorreron a aquel congreso, que foi, na nosa opinión, e desculpe o lector a inmodestia, a máis importante reunión científica sobre a lingua galega celebrada ata o día de hoxe; e latexa tamén nelas o afecto que a gran maioría dos asistentes manifestara cara ao Instituto da Lingua Galega e aos seus traballadores. Neste sentido cremos que estas actas teñen un valor engadido, de homenaxe ao ILG (pero en definitiva á lingua mesma), que vai moito máis alá do valor académico que poida acadar. Todos os colaboradores e amigos poden ter, pola súa parte, a certeza que non é menor o afecto e gratitude que desde o ILG sentimos por todos e cada un deles.

Ánxel Casal, un editor para un país
O gran contributo de Ánxel Casal á Galicia do século XX estivo no campo da industria cultural, no seu intento de dotar Galicia, coa lingua galega como vehículo de comunicación, dunha estrutura editorial estable, tanto na edición propiamente dita de textos fundamentais para a cultura galega moderna, como na presentación estética desas obras, de acordo coas tendencias máis comúns da edición europea do momento. Neste catálogo móstranse por primeira vez os rexistros bibliográficos e as cubertas de case todas as publicacións que Casal editou e imprimiu, primeiro na editorial Lar, xunto con Leandro Carré Alvarellos, e logo, xa en solitario, na editorial Nós. O libro está coordinado por Alfonso Mato.
Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do Reloxeiro.
Descarga a segunda recompilación de artigos de Xurxo Mariño, agora ilustrados por Santy Gutiérrez, con infografía de Manuela Mariño e publicados en formato libro pola Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega
Anuario de Estatísticas Culturais 2006
O Anuario de Estatísticas Culturais é un proxecto pioneiro no país: trátase de compilar unha gran cantidade de datos e estatísticas culturais e establecer, de maneira estable, un espazo para coñecer as principais magnitudes estatísticas sobre o sector cultural en Galicia.
Deste xeito, pódese coñecer de xeito rápido o seu panorama actual e, a través dos sucesivos informes do Observatorio da Cultura Galega, a súa evolución a curto, medio e longo prazo. A actual e primeira edición que presentamos e que vostede pode consultar neste sitio web recompila datos de 2006. O Anuario é unha ferramenta básica para activistas, creadores, empresarios, investigadores e xestores da cultura galega.
Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media
Nesta obra, editada por Ana Isabel Boullón Agrelo, reúnese unha selección de traballos tendentes a clarificar as condicións da emerxencia da lingua galega nos textos escritos na Idade Media. Os enfoques son interdisciplinares, pois fanse non só desde a lingüística, senón tamén desde outras órbitas necesarias, como a historia, a paleografía e as condicións culturais. Ademais, están enmarcados no contexto da Península Ibérica, polo que se ten en conta tamén a situación dos outros romances peninsulares, pois o ocorrido en Galicia non foi un feito illado, senón que tivo as súas raíces no seu contorno europeo. A panorámica global vese completada por estudos particulares sobre diversos aspectos da situación galega.
Símbolos de Galicia
Editado polo Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega, o libro recolle os traballos de Ramón Villares (Presidente do Consello), Xosé Ramón Barreiro Fernández (Presidente da Academia Galega), Manuel Ferreiro, Fernando López-Acuña e Eduardo Pardo de Guevara.
Aproveitando que neste ano 2007 se conmemora o primeiro centenario da estrea, na cidade da Habana, do himno galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga, estimamos oportuno promover a realización dun libro dedicado a indagar os procesos mediante os que cada un destes tres grandes símbolos foi adoptando a súa versión definitiva, o contexto histórico no que aquela tivo lugar e mesmo as diverxencias e polémicas a que puidesen ter dado lugar. Non se trata dunha revisión, senón xustamente do contrario: da máis sólida afirmación do seu sentido e da súa dimensión tanto simbólica como política. Como presidentes das entidades promotoras deste libro, concibimos a obra como unha contribución de natureza institucional á celebración daquel centenario, pero tamén como unha forma de dar a coñecer a máis sólida información, tanto documental como gráfica, do texto e música do himno, da fixación da bandeira e da moi demorada decantación da representación heráldica de Galicia a través do seu escudo. A historia de cada un destes símbolos podía seguirse en artigos especializados e monografías de difícil acceso, como doadamente se poderá ver nos textos que aquí se publican. Tamén, con ocasión da decisión parlamentaria de 1984, foran publicadas algunhas obras de conxunto, de intención divulgativa, que permitiron entender mellor o significado e a historia dos símbolos de Galicia. O que agora presentamos é, desde logo, algo máis ambicioso. Máis que comprender os símbolos, o que aspiramos é a poñer de relevo as razóns que moveron os nosos devanceiros a elaboralos, no momento histórico no que o fixeron e coa intención explícita de dotar Galicia de elementos representativos da súa identidade. (...)
-Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, e Xosé Ramón Barreiro, Presidente da Real Academia Galega

Estudios Migratorios 15-16
O número 15-16 de Estudios Migratorios contén diferentes artigos de especialistas sobre os fenómenos migratorios.
As políticas culturais nas sete principais cidades galegas
Dirixido polo sociólogo Xan Bouzada, este documento é unha análise cuantitativa e cualitativa moi polo miúdo das políticas culturais seguidas nas principais cidades galegas nos últimos anos, con enfoques de carácter global e con achegas particulares ás accións culturais de cada unha delas. Trátase, por tanto, dun documento de traballo que é resultado dun informe tecnicamente ben elaborado sobre a situación cultural destas cidades a principios do século XXI.
O Mc vigués Pániko sae a tomar as rúas co seu primeiro disco en solitario
Na escena hip-hop do país preséntase estes días o primeiro disco en solitario de Juan Rafael Díez Pániko , o Mc de Vigo que xa formara parte a mediados dos noventa do grupo La Familia xunto a outros como El Puto Coke ou El Pillo Astuto. O disco Pániko en las calles é tamén a primeira produción discográfica editada integramente por Renegade Prods, selo do francés afincado en Galicia Alain Mani, Albendy. Neste disco que xa pode atoparse nas tendas viguesas e mercarse a través de iTunes e Nimbit, Pániko presenta quince cortes de rimas contundentes e profundas contando coas colaboracións de djs como Dj Anthony, Dj Limbo, ou Dj Jooz e mcs como El Pillo Astuto, Drama, Xoco Suizo, Rass Canelow. O disco do veterano rapeiro comezará a escoitarse en directo este sábado na Sala Universidad de Ponferrada e o día 18 no Fifty Fifty Club de Pontevedra.

Comentarios recentes
hace 2 semanas 6 días