O FETEN 2008 selecciona a obra Sen Título 4x8x6
Enviado por Isabel en Xov, 20/12/2007 - 00:51.Os Monicreques de Kukas ven de ser seleccionada co seu espectáculo Sen Título 4x8x6 (técnica mixta sobre escenario) entre máis de 300 propostas de toda Europa para participar no FETEN (Feira Europea de Teatro para Nenos e Xoves) que dende 1991 vense celebrando en Xixón.
Os Monicreques de Kukas é unha das compañías do estado español presente nas programacións do FETEN dende as súas primeiras edicións no que participou con espectáculos como Historias dun Papel, Don Gaiferos, A Culpa foi de Mozart, Adubíos ou A Odisea.Nesta ocasión presenta Sen Título 4x8x6, espectáculo subvencionado polo IGAEM e co que tentan achegar o proceso de creación artística a tódolos públicos, e en especial ós rapaces de 8 a 14 anos, utilizando non só actores e monicreques que son esculturas, senón tamén técnicas audiovisuais e informáticas.
»
- Engadir novo comentario.
Versión para imprimir- 48 lecturas
- Español
