Un agasallo para Xaquín
Enviado por Isabel en Lun, 17/09/2007 - 22:12.
Un Agasallo Para Xaquín
Conta a historia de Xaquín un neno consumista e solitario que só se alimenta so de larpeiradas ata que no día do seu aniversario vive un pesadelo que lle fará reflexionar sobre a súa actitude cambiando os seus hábitos de consumo.
Espectáculo creado a proposta do Instituto Galego de Consumo e dirixido tanto ós escolares como ás familias, e no que se abordan, por medio da narración dunha historia representada teatralmente con monicreques, temas transversais de interese tanto para os nenos como para os seus pais e mestres, como poden ser o uso e abuso de comida lixo e rica en gordura e azucres fronte a unha alimentación saudable e natural, as formas de vida excesivamente sedentarias e solitarias fronte ós xogos en grupo e a practica de deportes ó aire libre, o consumismo fronte ós hábitos de consumo responsable.
Ficha artística
Autor
Marcelino de Santiago(Kukas)
Narradora e Dirección
Isabel Rei Pousada
Animadores marionetas
Miguel Cabaleiro Saco
Borja Insua
Marcelino de Santiago(Kukas)
Construción de marionetas, escenografía e atrezzo
Kukas, Xose M. Botana Cao, Isabel Rei Pousada
Ficha técnica
Escenario
6m. mínimo ancho, 3 m. mínimo fondo, 2,75 m. mínimo altura.
Preferiblemente cámara negra.
2 Tomas de corrente de 220 V
Escuridade
Camerino 4 persoas.
Duración espectáculo, 45 ‘
Duración montaxe, 3 horas
Duración desmontar, 1 hora e media
Prezo
1.500,00 € incluído o 16% do IVE
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Un AgaSalLo PaRa XaQuíN.pdf | 469.83 KB |
| Un regalo para Xoaquín.pdf | 649.13 KB |
»
- Versión para imprimir
- Engadir novo comentario.
- 86 lecturas
- Español
