Contos do vento acatarrado
Enviado por Isabel en Xov, 27/09/2007 - 16:46.
CONTOS DO VENTO ACATARRADO
Na posta en escena de Contos do Vento acatarradopartimos dunha estrutura dramática que integra o teatro dentro do teatro para dunha maneira sinxela achegar a tódolos públicos unha serie de contos de Marcelino de Santiago que tratan temas transversais de tanta importancia para a formación do público infantil como son o pacifismo, a ecoloxía e o respecto polo entorno natural, a solidariedade e a xenerosidade persoal, ou o valor da amizade e o respecto pola igualdade dende o respecto á diferenza.
Como xa é habitual noutras postas en escena da compañía conxugaremos o traballo de actores coa manipulación de diferentes tipos de marionetas tanto tecnicamente como polo seu tamaño.
Sinopse
Un día que o vento estaba triste e acatarrado, pois o sol do mes de agosto andaba a mandar, –quentando de tal xeito que mais que quentar, queimaba -, o señor Don e a señora Dona dispóñanse a xantar debaixo dun limoeiro, aproveitando a sombra que esta árbore lles regalaba...cando sentiron un xemido escachado...era o vento que se laiaba de dolor. Nun transo de febre, o vento que era tan vello coma o mundo, entre esbardalle e esbardalle, contoulles unhas historias tan incribles como estraña era a súa ciencia.
Así faloulles de como un día Flash a bombilla esquimó que vivía no Polo Norte veu parar a Galicia.
Ou de cómo o Espantallo regalou ata o seu corazón para axudar os animais do campo.
Tamén contoulles a incrible historia da Bala de Luisiño que era unha bala moi ilustrada que ata sabía latín e non gustaba da guerra.
E por último, aínda lle deu tempo a contarlles como nun país chamado Galicia vivían unhas árbores moi ledas chamadas Carballos e de como tiveron que marchar a emigración por culpa dunhas árbores invasoras chamadas eucaliptos.
Ficha artística
O autor é
Marcelino de Santiago.
Está interpretado por
Kukas e Isabel Rey.
O dirixiron
Gena Baamonde, Kukas e Isabel Rey.
Os deseños de marionetas, atrezzo, escenografía e o cartel debuxounos
Kukas.
Os telóns pintounos
Seara.
O vestiario coseuno
Isabel Rey
As marionetas fixéronse no
taller dos monicreques baixo a dirección de Kukas.
O produce e distribúe
Isabel Rey.
Ficha técnica
Público preferente
Todos os públicos e nenos dende 3-12 anos
Medidas escenario
6 m. Ancho x 3,5 m. Fondo x 2,75 m. Alto
Toma de corrente
220/ 380 voltios / 6.000 watios
Persoal
2 persoas carga e descarga / 1 electricista
Duración montaxe
3,30 horas
Duración desmontar
1,30 hora
Duración espectáculo
50 minutos
Prezo
1.500, 00 € incluído o 16 % do IVE
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| CONTOS DO VENTO ACATARRADO 2007.pdf | 332.75 KB |
| CUENTOS DEL VIENTO ACATARRADO.pdf | 276.8 KB |
»
- Versión para imprimir
- 71 lecturas
- Español
