«A Doncela Guerreira» viaxa a Segovia

Como actividade complementaria á Exposición das Misións Pedagóxicas da República en Segovia organizada pola Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e a Residencia de Estudantes, Os Monicreques de Kukas presentan A Doncela Guerreira que conta coa colaboración na distribución do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais con motivo do 125 Aniversario do Teatro Galego.
Data:  12 e 13 de xaneiro do 2008
Lugar: Igrexa de San Nicolás de Segovia
Hora:  12,00 horas e 18,00 horas, e 12,00 horas respectivamente.
Obra:  A Doncela Guerreira