7 Contos Capitais(Historias para pícaros adultos)
Enviado por Isabel en Dom, 21/09/2008 - 13:15.

7 CONTOS CAPITAIS
(Historias Para Pícaros Adultos)
A proposta escénica de 7 Contos Capitais (Historias para pícaros adultos) parte dun texto de Marcelino de Santiago (Kukas) que tomando como pretexto a representación dos sete pecados capitais a cargo das marionetas - artistas do Centro Traumático Galego Gaiteiro de Monicreques vai desenrolando diferentes historias que mesturan a realidade da propia compañía teatral de monicreques coa representación irónica, divertida e crítica que fan dos pecados capitais para rematar cunha pequena homenaxe ó poeta Curros Enríquez. Todo un elenco de artistas de cartón pedra e madeira mostraran a súa face máis expresionista para divertirnos co seu humor de ácido sarcasmo e retranca co que recuperamos un dos aspectos máis tradicionais do teatro con marionetas, o seu carácter de crítica e sátira social.
Cando nos propuxemos montar un novo espectáculo tivemos en conta unha serie de factores que respondesen tanto ós criterios estéticos e éticos da compañía como ós puramente empresariais e de incidencia da nosa empresa na apertura e asentamento de novas vías de mercado.
Nun momento no que temos en cartel varios espectáculos dirixidos ó público infantil, xuvenil e familiar (o que poderíamos dar en chamar tódolos públicos), cremos que é un momento axeitado para crear e producir un espectáculo de monicreques dirixido ó público adulto, o que responde dunha banda a necesidade de reflexionar e dar unha visión satírica do mundo que nos rodea utilizando unha linguaxe e uns recursos expresivos propios do mundo adulto, e doutra a asentar o traballo da compañía no mercado do teatro para adultos.
Sabemos que hoxe en día, aínda que noutros tempos pasados non foi así, en certos círculos da programación e promoción cultural é case que un tópico pensar que o teatro con marionetas é só para nenos, pero a realidade, pensamos, que desminte a este tópico, e aínda que as veces hai que loitar contra muíños de vento, a nosa propia experiencia nos recorda que algúns dos espectáculos que creamos para adultos non só tiveron unha boa acollida de crítica e público, senón que tiveron unha satisfactoria distribución, estamos a falar de A Rúa das balconadas, O Mariscal, Unha noite no Pórtico do Paraíso ou mesmo Galiza Máxica.
Evidentemente a distribución dun espectáculo con marionetas dirixido a adultos precisa dun esforzo engadido para rachar con tópicos naqueles programadores menos abertos, pero ó mesmo tempo nos anima a traballar no asentamento da compañía en espazos e festivais nos que cada vez máis se demandan espectáculos con obxectos e bonecos para maiores así como espectáculos satíricos.
Elenco do Centro Traumático Galego Gaiteiro de Monicreques
Presentador Kiko Calamar
Deus A. Teo Calamar
Demo Caco Calamar
Sra. Marquesa Maruxa de Román – Nones
Cardeal Monseñor Vieiras
Pobre Pobrísimo Sr. Penadades
Canciño Can de Palleiro
Pretiño P. Branco de Negreira
Crego Pai Larouco
Trosma 1 Jari Crisma
Trosma 2 Frank Abade
Trosma 3 Mojamé Quinto
Gardacevil Jose María Becerril
Moza Olinda Espantoso
Srta. Anastasia Srta. Casimira
Doutor Zylevinzky Trilita Molotof
Coello asasino M. Pinto
Milicreque C. Artucho
Dona Sara Amago
Preguiceiro Canuto Porreta
Politicreque Pepé Pérez
Chouchiño Pánfilo de Parvaez
Obreiro 1 Orsini do Sacho Panza
Obreiro 2 Borxiña de Arriba Escada
Obreiro 3 Vituco da Trabe Douro
Ficha artística
Autor
Marcelino de Santiago
Dirección e Produción
Isabel Rei Pousada
Axudante de dirección
Gena Baamonde
Reparto
Borja Insua
Mario Tomás López
Raquel Queizás
Marcelino de Santiago
Deseños marionetas,espazo escénico e iluminación e foto cartel
Kukas
Construción marionetas,escenografía e atrezzo
Seara
Carlos Portomeñe
X.M.Botana
Kukas
Deseño cartel e programa
Isabel Rei e Kukas
Técnico Iluminación
Miguel Cabaleiro
Técnica son
Isabel Rei
Técnico escena
X.M. Botana
Ficha técnica
Espazo escénico
8m anchox6m fondox4m alto
Toma de corrente de iluminación
380 V (3 fases + neutro con toma de terra) / 15.000 W
Toma de corrente son
220 V / 2.000 W
Duración espectáculo
1 hora aproximadamente
Duración montaxe
5 horas
Duración desmontar
1 hora e media
Escuridade total
Camerinos 4 persoas
Público preferente
Adultos
(Pódese programar para alumnos de bacharelato,formación profesional e ensinanzas artísticas)
Prezo
2.500, 00 € incluído o 16 % do IVE
»
- Versión para imprimir
- 111 lecturas
